Gal Gadot é a Raíña Malvada

99

A estrela de Wonder Woman, a israelí Gal Gadot, está a pechar os derradeiros flocos do seu contrato para interpretar á Raíña Malvada na adaptación con acción real ao cinema do clásico Snow White para a Disney Pictures.

Rachel Zegler xa está confirmada para o persoaxe principal de Brancaneves. Marc Webb será o director e Marc Platt o produtor, e rodaxe comezará o ano que ven.

O filme orixinal da Disney, estreado en 1938, Snow White and the Seven Dwarfs, estaba baseado nun conto dos irmáns Grimm, e foi a primeira longametraxe da história dos estudos, resultou un éxito mundial e catapultou os comezos da compañía, que até daquela só fixera curtas.

O filme con acción real estenderá a história e a música do filme orixinal, e xa conta con Benj Pasek e Justin Paul (La La Land) para escribir novas canzóns.