Daniel Dae Kim é o líder do Fogo

1019

Daniel Dae Kim (Divergent) ven de se unir ao elenco da série de televisión con acción real Avatar: The Last Airbender na Netflix para un papel habitual.

Albert Kim (Sleepy Hollow) será o showrunner do programa, que versiona para a pequena pantalla a clásica franquía de debuxos animados da Nickelodeon.

Kim interpretará a Lord Ozai, o cruel líder da Nación do Fogo, e que esixe que todos vivan de acordo cos seus imposíbeis estándares, especialmente o seu fillo, o príncipe Zuko.

O desexo de Ozai de conquistar e unir ao mundo baixo o poder dos controladores do fogo é unha carga para a família, pero el coida que ese é o seu destino e que debe rematar unha guerra que comezaron os seus devanceiros.

O actor, nado en Corea pero de nacionalidade americana, úne-se a un interesante elenco de faces asiáticas no que xa figuran os nomes de Gordon Cormier (Aang), Kiawentiio (Katara), Ian Ousley (Sokka) e Dallas Liu (Zuko). Dan Linm, Lindsey Liberatore e Michael Goi son os produtores executivos.