O servizo de streaming Paramount+ ven de anunciar que renovará para unha segunda tempada a súa série de debuxos animados para nenos de entre 6 e 11 anos Star Trek: Prodigy, que á penas leva tres episódios emitidos. A série ten previsto emitir un total de 20 episódios, e pasará á canle Nickelodeon antes do comezo da segunda tempada.