O realizador austriaco-americano Francis Lawrence, responsábel das tres derradeiras entregas da saga de Hunger Games, ven de recibir o encargo de dirixir Vulcan’s Hammer, unha adaptación para o cinema da novela homónima do lendário escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick (Minority Report, Total Recall, Blade Runner) publicada orixinalmente en 1960.
A história está ambientada após dunha devastadora guerra mundial cando as nacións da Terra forman o partido da Unidade e ceden o governo global a unha intelixéncia artificial chamada Vulcan que dita políticas baseadas nos seus algoritmos, para que Unidade as execute.
Cando Vulcan é atacada e un axente especial é asasinado, o director de Unidade, William Barris, é requirido para resolver o mistério e esclarecer quen, ou o que, quere destruír o sistema ao que adicou a súa vida enteira.
A New Republic Pictures está atrás deste proxecto, que conta con Lawrence, Cameron MacConomy, Dick Hackett, Brian Oliver e Bradley Fischer coma produtores.