Willem Dafoe, Emily Watson, Finn Wolfhard e mais a actriz de doce anos Helena Zengel protagonizarán Legend of Ochi, a longametraxe de fantasía épica co que Isaiah Saxon debuta no cinema da man da A24 e dos estudos Encyclopedia Pictura, propriedade de Saxon.
A história vai sobre unha rapaza (Zengel) que fuxe de casa e aprende a se comunicar cunha misteriosa espécie de animais coñecida coma Ochi. O proxecto din que será un “regreso ás películas da vella escola de Peter Jackson anteriores ao Señor dos Anéis“, segundo fontes dos estudos.
Dave Longstreth, o fundador da Dirty Projectors, será o encargado de compoñer a música. Jonathan Wang, Traci Carlson e Richard Peete serán os produtores, e os irmáns Russo os produtores executivos.