Embarca o elenco de One Piece

93

A Netflix ven de anunciar o elenco que protagonizará a série de dez episódios coa que adaptará con acción real o popular anime One Piece.

O principal protagonista será o actor mexicano Iñaki Godoy, no papel de Monkey D. Luffy, e ademáis participan Emily Rudd coma Nami, Jacob Romero Gibson coma Usopp, Taz Skylar coma Sanji e Mackenyu coma Roronoa Zoro.

A série narra as aventuras de Monkey e mais da súa tripulación de piratas mentres exploran un mundo fantástico de océanos sen fin e illas exóticas na procura do tesouro definitivo, coñecido coma “One Piece”, que lle permitirá converter-se no rei dos piratas.

Steven Maeda (Lost, The X-Files) e Matt Owens escribirán os guións. Marty Adelstein, Eiichiro Oda, Becky Clements, xunto a Owens e Maeda, son os produtores executivos, e o mesmo Maeda será o showrunner.

O proxecto provén da Tomorrow Studios e da editorial Shueisha, que publicou o manga orixinal no que se basea a série. A Tomorrow Studios é asemade responsábel doutra adaptación dun anime que chegará axiña ás pantallas, Cowboy Bebop.