Chu dirixe ao Dr. Seuss

51

Oh, the places you'll go! O director Jon M. Chu ven de recibir o encargo de se ocupar da súa primeira longametraxe de xénero nunha versión en debuxos animados para o cinema do conto do Dr. Seuss Oh, The Places You’ll Go! para a Warner Bros Animation Group. O obxectivo será facer un filme musical, e contará coa produción de J.J. Abrams e Hannah Minghella. Porén a estrea fará-se de agardar, até 2027.