Stiller e Blanchett son os Campións

53

The ChampionsBen Stiller e Cate Blanchett protagonizarán unha adaptación ao cinema da série inglesa de espías e ciéncia-ficción dos anos 60 The Champions para a ITV Studios America, a New Republic Pictures, a Dirty Films e a Red Hour Productions. No orixinal, dous axentes da ONU sobreviven a un accidente de aviación e reciben superpoderes dunha civilización avanzada. Stiller será ademais o director e mais o produtor.