Ms. Marvel e Andor fan-se de rogar

58

Ms. MarvelA Disney anunciou onte que as súas agardadas séries Ms. Marvel (protagonizada por Iman Vellani) e Andor (con Diego Luna), integradas respectivamente no universo da Marvel e de Star Wars, chegarán ás nosas pantallas un pouco mais tarde do que se esperaba, e a súa estrea non se producirá até o terceiro cuarto de 2022. O persoaxe de Ms Marvel aparecerá ademais un pouco despois no cinema, no filme The Marvels a estrear en febreiro de 2023.