O regreso dos X-Men dos anos 90

88

A clásica série de debuxos animados X-Men: The Animated Series que relembrarán os nenos dos anos 90 contará cun rexurdimento no servizo da Disney+ ao longo de 2023.

A nova série, que polo de agora conta co título provisório de X-Men ’97, comezará no mesmo punto onde rematou a orixinal e ademais incorporará a vários dos actores do mesmo elenco, algúns repetindo os seus papéis de hai trinta anos, e outros en novos postos.

Entre os que regresan estarán Cal Dodd, Lenore Zann, George Buza, Adrian Hough, Christopher Britton, Catherine Disher, Chris Potter, Alison Sealy-Smith e Alyson Court. E entre os novos nomes no elenco haberá que contar con Jennifer Hale, Anniwaa Buachie, Ray Chase, Matthew Waterson, JP Karliak, Holly Chou, Jeff Bennett e AJ LoCascio.

Beau DeMayo será o guionista xefe e produtor executivo, mentres que os escritores Eric e Julia Lewald, e mais o director Larry Houston traballarán coma conselleiros.