Miller no novo Buck Rogers

814

buckrogers1Frank Miller e mais a Odd Lot Entertainment, o creador e mais a empresa produtora atrás da vindeira adaptación do clásico do cómic The Spirit, unirán unha vez mais as súas forzas para desenvovler un proxecto baseado noutro persoaxe clásico, nesta ocasión da ciéncia-ficción: Buck Rogers. 

Odd Lot, a empresa propiedade de Gigi Pritzker e Deborah Del Prete, está en negociacións para se facer cos dereitos sobre Buck Rogers, que na actualidade pertencen á Nu Image/Millennium, que á súa vez os obtivo este ano da Dille Trust. A Millennium quere aparecer nos títulos de crédito do filme pero non estar vencellada na produción diária.

John Flint Dille, un amigo de Miller, opera a empresa, o que proababelmente foi o comezo dos rumores, iniciados no intre da adquisición da Millennium, que indican que o guionista de cómics reconvertido a director pdoería ser o realizador deste filme. Pero o certo é que Miller non estaba vencellado naquel intre, e que só chegou ao proxecto cando a Odd Lot entrou no mesmo.

Miller será o guionista e director desta adaptación do clásico persoaxe do cómic á pantalla grande; e ainda que polo de agora só se saben cousas moi superficiais, que son as primeiras ideias de Miller sobre o proxecto, agárda-se que sexa unha visión moi escura, con moitos dos elementos identificadores do seu cinema, coma a corrupción e a redención.

Este será con case total seguridade o novo proxecto de Miller, ainda que se comentaba que o seu seguinte filme sería a secuela de Sin City.

A história de Buck Rogers, unha das primeiras iconas do cómic que entrou no tema da exploración espacial, comezou nos anos 20 e xenerou ao longo do tempo moitos filmes e séries de televisión.