Shazad Latif é o capitán Nemo

88

O actor inglés Shazad Latif ven de se facer co papel protagonista do capitán Nemo en Nautilus, a vindeira minisérie de dez episódios que adaptará para a tele a clásica novela de Jules Verne Vingt mille lieues sous les mers, publicada por primeira vez en 1870, para o servizo de streaming da Disney+.

A série adopta un enfoque moderno desta versión de época do libro sobre un príncipe índio, despoxado do seu dereito ao trono e feito prisioneiro pola infame Compañía das Índias Orientais. A partir dese intre emprende un camiño de vinganza xunto á súa tripulación a bordo do abraiante buque submarino roubado.

Aínda que este será o seu primeiro papel coma protagonista, non será a primeira incursión de Latif no xénero fantástico, e os fans recoñecerán-o decontado grazas ás súas aparicións en séries coma Star Trek: Discovery, Penny Dreadful, Spooks ou Black Mirror. Para esta ocasión, conta coa dirección de Michael Matthews (Love and Monsters) e os guións de James Dormer, quen tamén será o produtor executivo

A produción comezará o mes que ven en Austrália.