O videoxogo Hunt: Showdown chimpa á tele

64

Hunt: Showdown, o videoxogo de disparos ambientado no século XIX da compañía Crytek, converterá-se nunha série de acción real.

No videoxogo, lanzado en 2019 pola filial alemá da Crytek, un cazarrecompensas debe matar a un monstro mítico para reclamar o prémio e ademais sobrevivir abondo para chegar a un punto de extracción.

A série entrará no catálogo da Binge, a nova plataforma americana de streaming centrada nos videoxogos, que tamén está a desenvolver a adaptación ás pantallas de televisión das franquías Driver e System Shock.

Allan Ungar e Vince Talenti encárgan-se da produción, mentres que Avni Yerli, Faruk Yerli e Pascal Tonecker serán os produtores executivos. Na súa nota de prensa, suxiren que esta podería non ser a única colaboración da Binge coa Crytek nun futuro próximo, e que mais adiante anunciarán novos detalles sobre a série.

A Binge en todo caso non comezará a súa andaina até 2022.