O veterán actor de orixe inglesa Delroy Lindo está a negociar os derradeiros flocos do contrato polo que se unirá a Mahershala Ali no novo filme Blade da Marvel Studios.
O persoaxe de Blade é un híbrido humán-vampiro que se adica a cazar outros vampiros para vingar a morte da súa nai. O papel fora interpretado por Wesley Snipes en filmes dos anos 90, anteriores ao actual universo cinemático da Marvel, e agora será Ali quen se faga cargo do papel neste relanzamento. Ali xa aparece nun cameo de voz na escena post-créditos de Eternals.
O papel que fará Lindo polo de agora non se deu a coñecer, pero posibelmente sexa Whistler, o cazavampiros que adestrou a Blade cando era neno.
Mália que Lindo, que ten 69 anos, leva nos escenários dende os anos 70, esta é a primeira vez que aparece nun filme de xénero fantástico, se excluímos unha pequena intervención en Congo, o filme de 1995 con gorilas intelixentes baseado na novela homónima de Michael Crichton. Nombergantes, dá-se a circunstáncia de que en 2016 foi ún dos protagonistas dunha série titulada Marvel’s Most Wanted, da que só se rodou un episódio piloto e que nunca se chegou emitir. Ademáis, ten pendente aparecer na vindeira série da Amazon que ao longo de seis episódios adaptará a novela de Neil Gaiman Anansi Boys.
A nova versión de Blade será dirixida por Bassam Tariq (Mogul Mowgli) a partir dun guión de Stacy Osei-Kuffour (Watchmen) e a rodaxe ten previsto comezar a finais do verán de 2022.