Os Coen nun mundo xudeu alternativo

0
169

A capa do libroA Columbia Pictures ven de adquirir os dereitos cinematográficos sobre unha novela con universos alternativos do escritor Michael Chabon titulada The Yiddish Policemen’s Union e quere que os recén nominados ao Oscar, os irmáns Joel e Ethan Coen a dirixan.

Os Coen – cuxo filme Non é país para Vellos está nominado a oito Oscars, terían que adaptar o libro e producir o filme xunto co seu parceiro Scott Rudin.

O libro está ambientado nunha América procedente dunha História alternativa na que os inmigrantes xudeus están por ser desprazados polos plans do governo para lle entregar unha vila de Alaska aos nativos esquimais. Neste telón de fondo hai unha novela negra de mistério na que un poli duro investiga o asasinato dun xénio do xadrez adicto á heroína que podería ser o Mesías.