Affleck e Fishburne voan a Titán

46

O actor gañador do Oscar de 2016 Casey Affleck ven de se unir a Laurence Fishburne, David Morrissey, Tomer Capone e Emily Beecham no elenco do thriller psicolóxico de ciéncia-ficción Slingshot, que comezará a súa rodaxe a partir do primeiro de decembro en Budapest, Hungría.

A história, da que non se sabe demasiado, seica vai sobre un astronauta que loita por se manter cordo a bordo dunha nave espacial aparentemente destinada a fracasar no seu intento por chegar a Titán, unha das lúas de Saturno.

O filme está producido pola Astral Pictures en asociación coa Bluestone Entertainment e mais un fundo de investimento húngaro.

O realizador sueco Mikael Håfström (1408, Outside The Wire) dirixe o filme a partir dun guión de R. Scott Adams e Nathan Parker. Richard Saperstein (Hancock, Seven) é o produtor.