Após de que hai uns meses o australián James Wan regresara ás súas orixes coma director de cinema de terror con Malignant, onte se soubo que xa comezaron as negociacións para unha posíbel secuela do devandito filme. A súa protagonista, a actriz Annabelle Wallis, dixo: “Si. Hai moitas ideias dando voltas. Sentímo-nos moi, moi gabados pola recepción e coido que abraiados pola recepción. Así que si, hai moitas conversas en marcha“.
Se Wan está vencellado á secuela, aínda non está claro. O realizador está a traballar arestora en Aquaman and the Lost Kingdom e aínda ten vários proxectos en marcha para despois.
Malignant está a obter unha boa recepción de crítica e público. Aínda que a súa estrea nos cinemas foi reducida e ao mesmo tempo que na canle HBO Max, agárda-se que poida superar o seu orzamento de 40 millóns a partir de hoxe, cando chega ao mercado de disco.