O Zorro 2.0 é de ciéncia-ficción

773

O realizador neoiorquino de ascendéncia peruana Alex Rivera (Sleep Dealer, The Infiltrators) escribirá o guión e dirixirá para a Sobini Films o filme Zorro 2.0, unha nova versión do clásico heroe enmascarado do cinema de aventuras, pero desta volta cun toque de ciéncia-ficción socialmente comprometida.

Nesta ocasión, o emblemático persoaxe será un hacker, un mozo indocumentado chamado Óscar de la Vega, coñecido coma “z0rr0” nas redes. Mentres loita contra unha unidade secreta do governo responsábel da morte de súa nai, descubre unha conspiración de alta tecnoloxía que ameaza non só á súa família, senón ao mundo enteiro.

Nun comunicado para a prensa, Rivera dixo que o proxecto é unha oportunidade para conectar á propiedade coas actuais guerras fronteirizas. Mark Amin, Cami Winikoff e Tyler Boehm serán os seus produtores.

O persoaxe do Zorro foi levado en moitas ocasións ao cinema, pero a mais recente é aínda o filme de 1998 dirixido por Martin Campbell e protagonizado por Antonio Banderas.