Nicolas Cage ven de pechar un acordo coa Universal Pictures e mais a Skybound Enterteinment para facer o papel do conde Drácula na longametraxe cómica Renfield.
O protagonista do filme será nombergantes Nicholas Hoult, dando vida ao titular R.M. Renfield, un préso do asilo para lunáticos do que se di que ten ilusións maníacas, pero que en realidade é un servo do vampiro transilván Dracula.
O filme será unha comédia algo sinistra e ambientada nos nosos tempos. Chris McKay (The Tomorrow War) é o director e produtor, mentres que Ryan Ridley (Rick and Morty) escribiu o guión a partir dunha ideia orixinal de Robert Kirkman (The Walking Dead). Kirkman, David Alpert, Bryan Furst e Sean Furst compoñen o resto dos produtores.
Á parte de entrar no elenco de voces de Spider-Man: Into the Spider-verse, este traballo será o regreso de Cage a un filme dos grandes estudos despois de mais de dez anos rodando só películas independentes, algunhas delas ben recibidas, coma a recente Pig, e outras que foron sátiras da súa própia vida, coma The Unbearable Weight of Massive Talent.
Renfield é unha das dúas películas actualmente en produción baseadas nalgunhas partes da clásica novela Dracula de Bram Stoker. A outra é o proxecto longamente xestado The Last Voyage of the Demeter, cuxa rodaxe rematou este pasado verán en Alemaña.