Sarah Snook protagonizará Run Rabbit Run

678

A estrela da comédia televisiva Succession Sarah Snook ven de se facer co papel principal no thriller de terror paranormal Run Rabbit Run, substituíndo deste xeito a Elisabeth Moss, quen fica fóra por problemas de axenda. A produtora especialista no xénero XYZ tomou o control do proxecto, que comezará a se rodar este mes en Austrália.

Snook, a quen xa vimos no pasado protagonizando o filme de ciéncia-ficción Predestination, encabeza o reparto da película dirixida por Daina Reid (The Handmaid’s Tale) sobre unha doutora especialista en fertilidade cuxo firme coñecemento do ciclo da vida pon-se a proba cando a súa filla comeza a amosar un comportamento cada vez mais estraño. O resto do elenco do filme aínda non se revelou aos médios.

A novelista Hannah Kent escribiu o guión a partir dunha ideia orixinal desenvolvida coa Carver Films, con Anna McLeish e Sarah Shaw na produción, e coa XYZ Films coma produtora executiva xunto á 30West, Weir e Olivia Humphrey.