Ron Clements e mais John Musker, dous dos mais lendários animadores da Disney, responsábeis entre outros de filmes coma The Little Mermaid e Aladdin, veñen de recibir o encargo de adaptar ás pantallas a série da DC Comics The Metal Men para a Warner Animation Group.
A parella traballará xunto a Celeste Ballard (Space Jam: A New Legacy) nunha película de debuxos animados, que os mesmos Clements e Musker producirán após de escribir o primeiro esbozo de guión. Ademáis, poderían encargar-se da dirección.
A história nos cómics ten coma protagonista a un científico chamado William Magnus e mais ás súas creacións: seis robots de alta tecnoloxía que posúen non só poderes extraordinários, senón unha persoalidade de seu, asociada aos seus respectivos metais: ouro, ferro, chumbo, estaño, mercúrio e platino.
A história orixinal da DC Comics, que comezou en 1962, mudou de tón co paso do tempo, dende a comédia até uns argumentos mais dramáticos e sérios. Polo de agora non está nada claro que tón será o que sexa adaptado para esta versión no cinema.