Charlie Cox, o Daredevil da Marvel

126

O xefe da Marvel Studios, Kevin Feige, confirmou por fin que o actor Charlie Cox será o Matt Murdock/Daredevil da MCU caso de que o persoaxe regrese nalgún intre.

Feige confirmou a nova esta fin de semana no decurso dunha rolda de prensa na que presentou Spider-Man: No Way Home, no que é o seu primeiro comentário oficial sobre o potencial de Cox para retomar o papel que desempeñou na série Daredevil da Marvel Television na Netflix ao longo de tres tempadas. Porén Feige non quixo dar mais detalles sobre cando ou onde o veremos:

Se fórades ver a Daredevil nas cousas que están por vir, Charlie Cox, si, sería o actor que interpretará a Daredevil. Onde o vemos, como o vemos, cando o vemos, aínda está para ser visto“.

Os rumores foran insistentes de que Cox regresaría en Spider-Man: No Way Home nunha escena coma Matt Murdock, pero nin Feige nin a Sony comentaron ren sobre o asunto. O próprio Cox, tal coma Andrew Garfield, non quixo revelar ren, así que non hai confirmación nin desmentido de se aparecerá.

Para lle engadir gasolina ao lume, nunha escena do recente terceiro episódio de Hawkeye hai unha brevísima aparición da man dun persoaxe e unha pequena risa, que suxire que ún dos coprotagonistas dunha das séries da Marvel en Netflix podería axiña formar parte do seu Universo Cinemático.