Spin-off de The Boys en debuxos animados

469

A Amazon Prime Video ven de anunciar que producirá unha série antolóxica de debuxos animados titulada Diabolical ao longo de oito episódios.

A série está ambientada no mesmo universo có grande éxito da canle, The Boys. As novas foron dadas a coñecer por Karl Urban, ún dos protagonistas da devandita série de superheroes.

Nestes oito episódios contaremos coas voces de Awkwafina, Garth Ennis, Eliot e Ilana Glazer, Simon Racioppa, Justin Roiland e Ben Bayouth, Andy Samberg e Aisha Tyler. Seth Rogen e Evan Goldberg serán os guionistas deste spin-off que non chegará ás pantallas até o ano que ven, se ben o seu produtor executivo, Eric Kripke, asegurou que a produción está xa case rematada.

Nun comunicado, Rogen e Goldberg engadiron: “Dende que vimos o filme de animación ‘The Animatrix’, unha série de curtametraxes de animación ambientadas no universo de ‘The Matrix’, queriamos copia-lo descaradamente. Hoxe ese soño volveu-se realidade“.

Mentres tanto, polo de agora continúa sen haber indicacións de cando comezará a agardada terceira tempada de The Boys, agás que será nalgún intre ao longo do ano que ven.