Farrell regresará á série de Batman

1010

Colin Farrell ven de asinar oficialmente coa HBO Max o contrato polo que se converterá en protagonista e produtor executivo da série spin-off que continuará as aventuras que veremos no filme The Batman de Matt Reeves.

Farrell repetirá o papel do Pingüín, que require unha chea de maquillaxe, e que xa interpreta no devandito filme, protagonizado canda Robert Pattinson (Bruce Wayne/Batman), Zoe Kravitz (Catwoman) e mais Paul Dano (o Riddler).

A nova série seica explorará o ascenso ao poder do Pingüín no submundo criminoso de Gotham. Lauren LeFranc escribirá os guións desta série, que conta ademais con Reeves e Dylan Clark coma produtores executivos.

O proxecto en todo caso non garda relación coa série sobre o Departamento de Policía de Gotham, no que participa Joe Barton coma showrunner. O filme The Batman, após de non poucos atrancos, ten prevista por fin a súa estrea para o 4 de marzo de 2022, pero a série aínda non ten datas fixadas.