Os Cazadores de Batallas

849

A Alcon Television Group (The Expanse) adquiriu os dereitos do cómic independente Battle Chasers de Joe Madureira e xa conta co creador da saga de cans John Wick, Derek Kolstad, quen se prepara para escribir e producir unha adaptación con acción real.

A banda deseñada vai sobre unha nena de nove anos chamada Gully, quen está á procura de seu pai coa axuda dunhas luvas máxicas, de Garrison, un espadachín cunha espada máxica, e de Red Monika, unha cazadora de recompensas.

Un gólem chamado Calibretto e mais o feiticeiro Knolan tamén forman parte do grupo, adicado a destruír exércitos de falcatruáns. Adrian Askarieh, Broderick Johnson, Andrew Kosove, Loni Peristere, Chris Jones e Samantha Shearr producirán a série para a televisión.

O cómic ficou sen rematar durante dúas décadas, apenas nove números foron publicados ao longo dun período de tres anos. Madureira está agora a regresar para concluír a saga con tres novos números que pechen a história a ser editada no comezo do vindeiro ano.