Cretton xa traballa en Shang-Chi 2

102

Destin Daniel CrettonApós o seu éxito con Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings ao início deste ano, o cineasta Destin Daniel Cretton asinou un acordo global exclusivo de vários anos coa Disney, a Marvel Studios e a Onyx Collective da Hulu. Asemade a Disney fixo oficial que Cretton estará de regreso para escribir e dirixir a secuela de Shang-Chi e ten xa en desenvolvemento coa Marvel Studios unha nova série do MCU na Disney+.