O actor de orixe maláia Henry Golding será o protagonista da adaptación á tele nunha série de thrillers de mistério da escolma Nameless do escritor Dean Koontz para a SK Global, The Mazur Kaplan Company e a Long House Productions, a empresa do mesmo Golding.
A saga orixinal, composta por doce contos, comezou a se publicar en 2019 pola Amazon Original Stories en formato e-book. Nameless (Sen Nome) é un home que non pode relembrar ren: só coñece a súa misión, asignada por unha misteriosa axéncia, e viaxa polo país convertendo aos depredadores en présas e dispensando xustiza aló onde a lei non pode chegar.
Mentres se vai mudando de cidade en cidade, a dór do seu pasado agocho non pode reté-lo, até que unha série de visións sinistras e esnaquizadas léva-o cara á súa meirande proba final.
Golding, Paula Mazur, Mitchell Kaplan, Sidney Kimmel, John Penotti, Charlie Corwin e Marcy Ross serán os produtores executivos.