A Casa dos Usher recibe aos seus primeiros visitantes

448

Mark Hamill, Frank Langella, Carla Gugino, Mary McDonnell e mais Carl Lumbly son os primeiros actores anunciados para o elenco de The Fall of the House of Usher, a série de terror na Netflix que Mike Flanagan dirixirá baseada no clásico conto homónimo de Edgar Allan Poe.

Flanagan e Trevor Macy, a parella responsábel dos recentes éxitos da Netflix The Haunting of Hill House e mais da polémica Midnight Mass, incorporarán nesta adaptación vários elementos emblemáticos dos relatos de Poe á parte da fonte primária, que será por suposto The Fall of the House of Usher.

Langella interpreta a Roderick Usher, o poderoso patriarca da dinastía dos Usher. McDonnell é a súa irmá xemelga e Lumbly será o investigador C. Auguste Dupin. Os papéis de Gugino e Hamill aínda non se deron a coñecer, pero o de Hamill será, segundo din, “un persoaxe abraiantemente a gusto nas sombras“.

Esta miniserie terá oito episodios, dos cales Flanagan dirixirá catro e Michael Fimognari os outros catro. Agárda-se que hoxe se dea a coñecer o resto do elenco.