A Netflix cancela Cowboy Bebop

666

Cowboy BebopSó tres semanas despois da súa estrea, a Netflix ven de cancelar oficialmente a adaptación do clásico anime Cowboy Bebop que protagonizan John Cho, Mustafa Shakir e Daniella Pineda. Aínda que os espectadores viron masivamente os primeiros episódios, seica o número dos que completaron a série foi mínimo. As expectativas para outras vindeiras adaptacións de anime, coma One Piece, non son agora moi optimistas.