A Warner demandada por “Watchmen”

0
187

Capa do cómicA Twentieth Century Fox ven de demandar á Warner Brothers polos dereitos para desenvolver, producir e distribuir un filme baseado na clásica novela gráfica de Alan Moore e Dave Gibbons Watchmen. A Fox afirma que posúe os dereitos de copyright exclusivos e mais os dereitos contractuais sobre o devandito cómic.

A produción deste filme está baixo o control do director Zack Snyder, quen xa incluíu no seu reparto a Jackie Earle Haley, Billy Crudup, Patrick Wilson, Carla Gugino e Malin Akerman.

A política dos estudos é non facer comentários sobre os xuizos pendentes, segundo dixo un voceiro.

A Fox quere asociar-se coa Warners para sacar adiante o proxecto, baseándo-se en que segundo din entre 1986 e 1990 adquiriron todos os dereitos cinematográficos sobre a famosa série de 12 números publicados pola DC Comics e sobre os guións de Charles McKeown e Sam Hamm. En 1991, a Fox asignou algúns destes dereitos nunha compensación coa Largo International, pero mantendo os dereitos exclusivos para distribuir a primeira película que se fixera sobre os Watchmen, segundo din na demanda.

Cando a Largo desapareceu, os dereitos foron tgransferidos ao produtor Lawrence Gordon. Por mor dun acordo empresarial entre a Fox e Gordon, o produtor asinou que paragía un prezo altísimo á Fox se chegaba a entrar nalgújn pacto con outros estudos de cinema ou con calquera outra parte que quixera desenvolver ou producir Watchmen.

O proxecto seica estivo dando tombos entre a Universal e mais a Paramount antes de regresar á Warner. Agora a Fox reclama que nin Gordon nin a Warner pagaron a exorbitante multa e que nin tan sequera avisaran aos estudos nin cumpriron as outras condicións impostas no pacto, incluindo os procedementos necesários para adquirir os dereitos sobre Watchmen á Fox.