Os Cabaleiros de Gotham chegan á CW

129

A canle The CW está a desenvolver o drama Gotham Knights, que conta cos guionistas de Batwoman Chad Fiveash, James Stoteraux e Natalie Abrams.

O proxecto non será nin un spin-off de Batwoman nin estará vencellado ao videoxogo homónimo da Warner Bros. Games que ten prevista a estrea para o ano que ven, aínda que por suposto estará baseado nos mesmos persoaxes da DC Comics.

Polo de agora, seica terá unha continuidade diferente do resto das séries do Arrowverso da mesma canle, algo semellante ao que fan coa série Titans. En todo caso, será producido tamén pola Warner Bros. TV e a Berlanti Productions.

No videoxogo, Bruce Wayne foi asasinado e o seu fillo adoptado (Robin) forxa unha alianza con Nightwing, Batgirl e Red Hood, após de que todos eles sexan acusados pola morte. Coma os criminosos mais buscados de Gotham, esta banda de inadaptados deberá loitar por limpar os seus nomes mentres a cidade cae rapidamente no caos, agora que o Cabaleiro Escuro non está para defende-la. A esperanza é que este grupo de fuxitivos se converta na vindeira xeración de salvadores.

Fiveash, Stoteraux, Greg Berlanti, Sarah Schechter e David Madden serán os produtores executivos.