O co-creador e showrunner da série da Netflix Sweet Tooth, Jim Mickle, ven de recibir o encargo oficial de dirixir a adaptación ao cinema do cómic God Country de Donny Cates para a Legendary e mais a AfterShock Media.
A Netflix tamén está a bordo desta longametraxe de fantasía, que Mickle coescribirá canda Cates. Mary Parent, Ali Mendes, Lee Kramer e Jon Kramer son os seus produtores executivos.
A história vai sobre Emmet Quinlan, un vello viúvo afectado pola deméncia e por violentas arroutadas. Cando un tornado azouta a súa vila no oeste de Texas, Quinlan rexuvenece grazas a unha espada enmeigada que atopa entre os restos, pero agora deberá utiliza-la para protexer á súa família e mais o que fica da vila contra terroríficas criaturas doutro mundo.
O proxecto será a terceira colaboración entre a Netflix e a Legendary xunto ás vindeiras secuelas de Enola Holmes e a adaptación da franquía de anime Gundam.