Blue Beetle, tamén nas salas de cinema

81

Blue BeetleO filme Blue Beetle, destinado a se estrear exclusivamente na canle HBO Max, terá tamén unha oportunidade nas salas de cinema. A Warners anunciou que a longametraxe, a primeira da DC que amosará un superheroe latino coma protagonista (Xolo Maridueña fará o papel de Jaime Reyes), contará cunha exhibición nas pantallas dos cinemas a partir do 18 de agosto de 2023.