A Warner Bros. Pictures ven de dar a coñecer nunha nota de prensa dúas novas referidas ás súas estreas para o ano que ven, e nelas contén-se un par de anacos que chaman a atención dos fans.
A primeira nova confirma que Michael Shannon e Antje Traue unirán-se ao elenco de The Flash, o filme que Andy Muschietti rematou de rodar hai unhas semanas e que ten prevista a estrea para o 4 de novembro de 2022.
A parella xa interpretara ao xeneral Zod e mais á súa man dereita, a infame Faora-Ul, no filme de 2013 Man of Steel, unha película que comparte o mesmo universo cinemático que The Flash, o que suxire que ambos repetirán os seus papéis. Nombergantes, isto non foi confirmado pola nota de prensa.
Coma xa sabiamos, no filme The Flash ademais veremos a Michael Keaton repetindo o seu papel de Bruce Wayne/Batman, o mesmo que fixo para Tim Burton nos anos 90. Pero a novidade é que esta non será a única vez que o vexamos no universo cinemático da DC, porque na película Batgirl, Keaton estará no elenco xunto á protagonista Leslie Grace (Barbara Gordon). O que papel fará Keaton, aínda está por confirmar.
Batgirl está aínda a se rodar en Inglaterra e ten prevista a estrea para finais de 2022 no servizo de streaming HBO Max.