EN BREVE 21. Mar 2023 Aínda sen estrear a segunda, unha nova tempada de Star Trek: Strange New Worlds semella que está xa por entrar en rodaxe, mesmo antes de que se aprobe a súa produción. O produtor executivo Akiva Goldsman confirmou que a terceira tempada "ven de comezar a rodaxe ", e que a data de estrea da segunda dará-se a coñecer decontado, con dez novos episódios protagonizados por Anson Mount , Ethan Peck e Rebecca Romijn . A rodaxe da segunda tempada rematara no pasado mes de xullo.
21. Mar 2023 A veterana produtora arxentina Victoria Alonso ven de abandoar a Marvel Studios por sorpresa. Alonso traballara para a Marvel dende a primeira película de Iron Man e foi produtora executiva de todos os seus filmes dende a primeira entrega dos Vingadores. Os motivos desta saída non están claros pero poderían estar relacionados coa mala recepción de Ant-Man and the Wasp: Quantumania , que non só decepcionou no despacho de billetes, senón que ergueu moitas críticas pola súa realización técnica, o departamento do que Alonso era a xefa.
16. Mar 2023 A Netflix está a considerar a ideia de facer un remake americano do seu megaéxito coreán Squid Game . O realizador Hwang Dong-Hyuk creou a série orixinal, sobre un grupo de 456 xogadores que aceptan un convite para competiren nuns xogos infantís nunha illa remota, coa esperanza de gañaren miles de millóns, pero os xogos resultan ser mortais. A série orixinal, que está a facer unha segunda tempada, gañou moitas críticas por mor da súa mala dobraxe e polos subtítulos inexactos, pero iso non-a detivo para se converter no maior éxito da história da Netflix.