Picard detén a súa rodaxe

321

Star Trek PicardA rodaxe da terceira tempada de Star Trek: Picard ven de ser suspendida por mor dun considerábel gromo de covid-19. Na série traballan mais de 450 persoas, das que alomenos 50 deron positivo no test. Todas elas foron enviadas para casa, pero dado que a corentena nos Estados Unidos dura agora só cinco días, agárda-se que a semana que ven poidan continuar. A terceira tempada de todos os xeitos non tiña previsto emitir-se até 2023.