O guionista e debuxante de cómics Ed Brubaker (Criminal, Gotham Central) ven de se unir á equipa creativa da vindeira série de debuxos animados da HBO Max Batman: Caped Crusader que recuperará ao home morcego para a pequena pantalla.
A série, que continúa dalgún xeito o ronsel das aventuras da emblemática Batman: The Animated Series dos anos 90, contará polo de agora tan só con dez episódios que “reinventarán unha vez mais a Batman e á súa clásica galería de inimigos cunha narración sofisticada, persoaxes con matices e intensas secuéncias de acción, todo nun mundo visualmente impactante“, segundo o comunicado que deu a coñecer a produtora.
Brubaker será o guionista xefe e Bruce Timm o showrunner. Ambos traballarán asemade coma produtores executivos xunto a J.J. Abrams e Matt Reeves.