Gunn fala doutro revival de Knight Rider

69

James GunnO director de Guardians of the Galaxy e The Suicide Squad, James Gunn, ven de revelar que el e mais o actor David Hasselhoff discutiron sobre unha posíbel continuación moderna da emblemática série dos anos 80 Knight Rider, na que Hasselhoff era o detective Michael Knight, loitando contra o crime a bordo do seu coche intelixente KITT. Porén polo de agora non hai tomada ningunha decisión.