Cynthia Erivo protagonizará Blink Speed

505

Cynthia ErivoA actriz inglesa dúas veces nominada aos Oscars Cynthia Erivo protagonizará e producirá a longametraxe de ciéncia-ficción Blink Speed na Netflix. Erivo fará o papel dunha muller que após dunha experiéncia próxima á morte, é afectada por unha rara e misteriosa habilidade de adiviñación. O seu poder permitirá-lle ser a chave que abra a verdade que se agocha no seu pasado. O filme está baseado nun conto homónimo de Eric Brown, quen será ademais o guionista.