Watts produce o novo Destino Final

541

O director do recente superéxito do cinema do ano pasado, Spider-Man: No Way Home, Jon Watts, producirá a sexta entrega da franquía Final Destination na New Line Cinema.

Lori Evans Taylor (Wicked Wicked Games) e Guy Busick (Scream) escribirán o guión, baseado nunha ideia orixinal do mesmo Watts.

Esta franquía de terror sobrenatural abrangue xa cinco títulos, que van sobre un grupo de adolescentes que após de evitar unha morte terríbel, descobren que ún por ún son perseguidos polo seu destino e van morrendo en estraños e cada vez mais rebiricados accidentes.

A muller e parceira de Watts, Dianne McGunigle, será tamén a produtora xunto a Craig Perry e Sheila Hanahan Taylor. O filme será estreado en princípio só no servizo de streaming da HBO Max e non nas salas de cinema.

Watts será só o produtor e non se agarda que sente na cadeira de director, porque o seu seguinte traballo seica xa o ten asignado: o relanzamento de Fantastic Four na Marvel Studios.