Laura Donnelly, vampiresa de noite

44

Laura DonnellyA inglesa Laura Donnelly (The Nevers) ven de se unir a Gael García Bernal no especial de Halloween da Marvel Studios que estreará a Disney+ no mes de outubro. Aínda que polo de agora non se sabe moito dos detalles, o proxecto está baseado no cómic Werewolf by Night e Bernal será o lobishome. Donnelly podería facer o papel da súa sobriña Nina Price, que pode transformar-se en lobishome ou vampira dependendo da hora do día.