O rapaz que mata ao mundo

610

Jessica Rothe Jessica Rothe e Andrew Koji veñen de unir os seus nomes ao elenco de Boy Kills World, o filme de acción e fantasía que Sam Raimi producirá para a Raimi Productions, a Vertigo Entertainment, a Nthibah Pictures e a Hammerstone Studios. Ambientada nunha realidade distópica de soños febrís, a história vai sobre un xordomudo (Bill Skarsgård) que ten unha enorme imaxinación. Moritz Mohr dirixe o filme e a rodaxe comezará en febreiro en Sudáfrica.