Sarnoski dirixe o terceiro mundo silandeiro

195

Michael Sarnoski, o responsábel do recente éxito Pig, está a negociar a súa entrada coma director no universo de A Quiet Place da Paramount Pictures.

O novo filme, que será o terceiro desta franquía, non será unha secuela dos dous anteriores, senón un “spin-off” ambientado no mesmo mundo, onde os humáns deben vivir en completo silenzo após da invasión extra-terrestre duns monstros que se guían polo són para atrapar ás súas vítimas.

Esta nova longametraxe estará baseada nunha ideia orixinal de John Krasinski, quen dirixiu as dúas películas anteriores e foi ademais o seu co-protagonista xunto a Emily Blunt, quen é a súa muller tanto nos filmes coma na vida real.

Jeff Nichols estaba até agora vencellado ao proxecto coma guionista e director, pero tivo que abandoar por mor de problemas de axenda. Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller serán unha vez mais os produtores.