Decepción trekkie

0
162

Cartace do filmeA Paramount ven de dar un disgusto aos afeccionados, ao adiar a estrea da moi agardada nova entrega da saga de Star Trek até o 8 de maio de 2009, cando orixinalmente estaba prevista para o nadal deste mesmo ano, e todo coa intención de aproveitar a tempada de verán.

Star Trek vai-se mudar até o verán porque iso ten moito potencial nas billeteiras“, dixo o voceiro da Paramount Michael Vollman. “Non se precisan novos xiros no guión. Hai xa dous terzos da rodaxe rematados, e de telo feito no nadal, tería sido unha magnífica película asemade“.

Star Trek XI é ún dos moitos filmes que os estudos veñen de adiar por mor da recentemente rematada folga de guionistas, e ainda que oficialmente neste caso os motivos non teñen ren que ver co guión nin co reparto, hai quen pensa que todo podería deber-se ao esforzo por incorporar a novos persoaxes a última hora.

Ademáis do caso de Star Trek XI, outro filme que verá adiada a súa data de estrea é o protagonizado por Brad Pitt e Cate Blanchett The Curious Case of Benjamin Button, que pasa do 26 de novembro ao 19 de nadal. Pola súa banda, Case 39 pasa do 22 de agosto ao 10 de abril de 2009 e a comédia de Eddie Murphy Nowhereland pasa do 26 de setembro ao 12 de xuño de 2009.