Cruise en The Champions

0
231

The ChampionsThe Champions, un filme de ciéncia-ficción baseado nunha clásica série inglesa de televisión, está entre as tres longametraxes que están a ser desenvoltas polo coguionista e produtor de Valkyrie  Christopher McQuarrie, o filme que ven de protagonizar Tom Cruise.

McQuarrie será o guionista e produtor xunto a Guillermo del Toro neste proxecto da United Artists, todo coa idea posta nunha posíbel participación como protagonista de Cruise.

O filme vai sobre un grupo de axentes do governo rescatados dun accidente de avión no Himaláia por unha civilización avanzada que lles dá habilidades extrahumanas.

A MGM ten toda a intención de sacar adiante este filme coma unha superprodución protagonizada polo copropietário da United Artist, Tom Cruise.

Por outra banda, a New Regency contratou a McQuarrie e a Mason Alley para que escriban o guión de Flying Tigers, baseado nun escuadrón de pilotos voluntários formado para axudar aos chineses a loitar contra os xaponeses antes de que os Estados unidos entrasen na Segunda Guerra Mundial.