Burnap úne-se aos Sete Ananos

1112

Andrew Burnap, gañador do prémio Tony ao mellor actor de 2019, ven de se facer co papel de protagonista masculino na versión con acción real que a Disney está a preparar do seu clásico dos debuxos animados de 1938 Snow White and the Seven Dwarves.

Burnap úne-se deste xeito a Rachel Zegler (Brancaneves) e a Gal Gadot (a raíña malvada) na longametraxe que dirixirá Marc Webb. Polo que se deu a entender, Burnap non será o príncipe, senón un novo persoaxe específicamente creado para este filme, e ademáis cantará.

Marc Platt está a producir a longametraxe xunto a outra versión con acción real dos debuxos animados: The Little Mermaid. Benj Pasek e Justin Paul (os responsábeis da música de La La Land) escribirán as canzóns desta nova Brancaneves.

A rodaxe ten previsto comezar en primavera en Inglaterra.