Real Steel, série na Disney+

687

A Disney+ está a desenvolver unha nova série de televisión baseada no filme Real Steel, que dirixiu Shawn Levy en 2011 e que protagonizou Hugh Jackman.

No filme orixinal, un drama familiar de ciéncia-ficción que fixo mais de 300 millóns de dólares nos despachos de billetes de todo o mundo, Jackman interpretaba a un ex-adestrador de robots que tiña que se reconciliar co seu fillo e ao mesmo tempo descubría un robot boxeador abandoado no lixo, ao que tentará converter no seu novo campión.

O desenvolvemento da série polo de agora está nos seus primeiros chanzos na 20th Television, que están á procura de guionistas. Entre os produtores executivos estarán Levy, Robert Zemeckis, Jack Rapke, Jacqueline Levine, Susan Montford e Don Murphy.