Os Anéis do Poder

181

A Amazon Prime ven de anunciar oficialmente que The Lord of the Rings: The Rings of Power será o título da súa vindeira série de fantasía de grande orzamento.

Deseñada para ser a série de televisión mais cara da história, The Rings of Power é unha precuela ambientada na Segunda Idade da Terra Média, milénios antes dos acontecementos de The Lord of the Rings.

Os showrunners J.D. Payne e Patrick McKay dixeron que o título é un que “imaxinamos que podería vivir no lombo dun libro canda os outros clásicos de J.R.R. Tolkien” e continuaron deste xeito para explicar o contido da série:

The Rings of Power reúne todas as histórias principais da Segunda Idade da Terra Média: a forxa dos anéis, o ascenso do Señor Escuro Sauron, a história épica de Númenor e a Derradeira Alianza de Elfos e Homes. Até agora, o público só vira nas pantallas a história do anel único, pero antes de que houbera un, houbo moitos… e estamos encantados de compartir a historia épica de todos eles“.

No enorme elenco da série están incluídos Cynthia Addai-Robinson, Robert Aramayo, Owain Arthur, Maxim Baldry, Nazanin Boniadi, Morfydd Clark, Ismael Cruz Córdova, Charles Edwards, Trystan Gravelle, Sir Lenny Henry, Ema Horvath, Markella Kavenagh, Joseph Mawle, Tyroe Muhafidin, Sophia Nomvete, Lloyd Owen, Megan Richards, Dylan Smith, Charlie Vickers, Leon Wadham, Benjamin Walker, Daniel Weyman e mais Sara Zwangobani.

A série debutará en Amazon o vindeiro 2 de setembro e contará cun novo episódio cada semana a partir dentón.