Devlin embárca-se na Arca ao espazo

990

A canle Syfy desenvolverá unha nova série titulada The Ark, creada polo mesmo autor de Stargate, Dean Devlin, e ven de encargar xa a produción dos doce primeiros episódios, cuxa rodaxe dará comezo a partir de marzo nos estudos PFI de Sérbia.

A história comeza un século no futuro, cando as misións de colonización planetária están tentando asegurar a supervivéncia da raza humana. Pero a primeira desas misións, unha nave espacial chamada “Ark One”, atopa un acontecemento catastrófico que causa unha masiva destrución e perda de vidas.

Con aínda mais dun ano por diante para acadar o seu obxectivo, os membros da tripulación da Arca, carecendo de subministros básicos para manter a vida a bordo e sen un liderado claro, terán que amosar as mellores versións de si mesmos para sobreviviren.

Devlin será o guionista da série, e el mesmo e mais Jonathan Glassner (Stargate SG-1) serán os showrunners e produtores executivos. Ademais de en Stargate, a parella xa traballara xunta na série de fantasía The Outpost.