Aínda que a rodaxe final do filme está moi preto das tres horas (175 minutos para ser exactos) The Batman estivo a piques de ter unha duración de mais de catro horas, e os estudos mesmo probaron esa posibilidade nas pasadas semanas perante pequenas audiéncias. A longametraxe de Matt Reeves estreará-se finalmente nas salas de cinema a partir do 4 de marzo e logo pasará á canle HBO a finais de abril.